Homenaxe no Paraninfo ao profesor Augusto Pérez Alberti
Discípulos e compañeiros do catedrático de Xeografía Física da USC recentemente xubilado Augusto Pérez Alberti organízanlle este venres 16 unha homenaxe no Paraninfo da Universidade.
No acto, que presidirá ás 11.00 horas o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco R. Durán Villa, e o director do Departamento, Rubén C. Lois González.
Na cerimonia intervirá tamén Marcos Valcarcel Díaz, en representación dos editores do libro realizado ex profeso para a ocasión Xeomorfoloxía e Paisaxes Xeográficas. Catro décadas de investigación e ensino. Homenaxe a Augusto Pérez Alberti.