Ir o contido principal

Homenaxean este xoves en Dereito ao profesor Francisco Puy

O profesor da USC Francisco Puy recibirá este xoves 12 unha homenaxe na Facultade de Dereito por parte de numerosas amizades e persoas coas que colaborou ao longo da súa traxectoria académica. No acto, que se desenvolverá ás 12.30 horas no salón de graos, faráselle entrega dun libro homenaxe no que participaron docentes de Filosofía do Dereito de España e o estranxeiro (Arxentina, Francia, Portugal, Uruguai, México..) coordinados pola catedrática de Filosofía do Dereito da USC Milagros Otero.

O volume leva por título Tópica, Retórica y Dialéctica en la Jurisprudencia e está concibido como un diálogo co profesor Puy sobre as cuestións que o ocuparon durante estes últimos anos e nas que achegou un pensamento orixinal e novidoso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.01.2012.