O horario extraordinario das bibliotecas estenderase do 1 de maio ao 11 de xuño

A Biblioteca Universitaria abrirá as súas portas en horario extraordinario entre o 1 de maio e o 11 de xuño. As fins de semana e festivos as salas atoparanse dispoñibles dende as 10.00 ata as 22.00 horas, mentres que de luns a venres o horario de todas as bibliotecas da Universidade será de 8.30 a 21.30 horas e de 9.00 a 21.00 horas, a partir do 1 de xuño.
Os espazos que se acollerán ao horario extraordinario serán a Biblioteca Concepción Arenal (324 prazas en 3 andares), Biblioteca Intercentros de Lugo (212 prazas repartidas en 3 salas), a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (117 prazas), a da Facultade de Matemáticas (118 prazas), Filoloxía (118 prazas), así como as salas de lectura da Facultade de Dereito (100 prazas) e a do Aulario Novoa Santos (50 prazas).
De luns a venres o alumnado só pode facer uso da biblioteca do seu centro correspondente, mais en fins de semana e festivos pode acceder á biblioteca que desexe, dentro das que se acollen ao horario extraordinario.