O IDEGA inicia a próxima semana un ciclo de sesións científicas na Escola Politécnica
O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolverá na Escola Politécnica Superior de Lugo unha serie de sesións científicas que darán comezo a próxima semana.
A primeira cita será o mércores 5 de marzo, ás 19:30 horas. Co título ‘A concentración parcelaria en Galicia: presente e retos de futuro’, Alfonso Ribas, por parte da Xunta de Galicia, abrirá este ciclo, que se desenvolverá na aula 15 da EPS.
Roberto Lorenzana, por parte do Grupo de Investigación de Economía Agraria da USC, intervirá o día 12, ás 19:00 horas, para falar do cambio estrutural nas explotacións de bovino galegas no final de século.
A seguinte charla terá lugar o día 7 de abril e estará a cargo de Mar Pérez Fra, do Departamento de Economía Aplicada da EPS, que falará, ás 17:00 horas, de ‘Fondos para o desenvolvemento rural. Periodo 2007-2013’.
O último dos relatorios estará a cargo de Melinda Barrio, do IDEGA, que se centrará nos danos ambientais por incendios. A data está aínda sen confirmar.