Ir o contido principal

O Idega organiza unha xornada sobre ‘O espazo eurorrexional Galicia-Norte de Portugal. Crise e perspectivas’

O ex presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño dirixe o libro homónimo que se presentará nesta xornada

‘O espazo eurorrexional Galicia-Norte de Portugal. Crise e perspectivas’ é o lema dunha xornadas que organiza o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e que este mércores 15 botarán a andar coa presentación do libro homónimo presentado polo ex presidente da Xunta de Galicia e profesor da USC, Emilio Pérez Touriño, en calidade de director da obra. Nun acto na Fundación Novacaixagalicia (r/ Nova, 33) a partir das 10.30 horas, na presentación tamén intervirán o director do IDEGA, Melchor Fernández, e a profesora Mª Dolores Riveiro, en calidade de co-autores da publicación. O programa da xornada continuará coa intervención a partir das 12.00 horas de Carlos Lage, da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, para abordar dende a óptica portuguesa as particularidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Tomará o relevo Paulo Vaz, da Asociación Téxtil e Vestuario de Portugal, co relatorio ‘ Euroclustex: construción dun clúster téxtil de moda na Eurorrexión do Noroeste Peninsular’ e Casimiro Iglesias, de INECO, para falar sobre o papel das infraestruturas de transporte no desenvolvemento rexional. A clausura celebrarase a partir das 13.30 horas da man do profesor Alberto Meixide.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2012.