Ir o contido principal

O Idius organiza as I Xornadas de Propiedade Industrial, que reunirán en Santiago a relevantes expertos na materia

A Facultade de Dereito acolle este xoves 26 as primeiras Xornadas de Propiedade Industrial organizadas polo Instituto de Dereito Industrial de USC (Idius), na que se darán cita os máis importantes especialistas procedentes de distintos puntos de España.
As xornadas están dirixidas polos profesores Francisco Javier Framiñán Santas e Ángel García Vidal e contan coa colaboración da Oficina Española de Patentes e Marcas, que financia boa parte das actividades do Instituto.
As barreiras de entrada ao mercado, a protección da reputación comercial dos empresarios, a protección das indicacións xeográficas de bebidas espirituosas, o dereito antitrust e a propiedade industrial, os conflicos entre denominacións sociais e signos distintivos da empresa ou a autorregulación publicitaria serán algúns dos temas de análise no encontro.
Entre os expertos que intervirán destacan os profesores Velasco San Pedro, da Universidade de Valladolid; Ruiz Peris, de Valencia; Gómez Porrúa, de Sevilla; Tato Plaza e Maroño Gargallo, de Vigo; e Hernández Rodríguez, da USC.
A asistencia ás xornadas é totalmente gratuíta, e aquelas persoas que desexen que se lle outorgue un certificado de asistencia deben inscribirse no enderezo electrónico mdelcarmen.nieves [at] usc.es (mdelcarmen[dot]nieves[at]usc[dot]es) ou chamando ao teléfono 981563100 Ext. 14705, en horario de mañá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2009.