Ir o contido principal

Ignacio Ramonet pecha este martes en Santiago as xornadas sobre conciencia e dereito

Persoal experto de notoriedade estatal e internacional reuniuse en outubro e novembro na Facultade de Dereito para tentar achegar unha visión construtiva e complementaria do contexto actual do dereito así como do papel que lle corresponde a xuristas e avogados. As xornadas ‘Conciencia e Dereito’ pecharanse este martes, día 29, coa participación, ás 19.00 horas, do subdirector xeral da banca ética Triodos Bank, Joan Antoni Melé, co relatorio ‘ Conciencia, diñeiro e Dereito’, e unha hora máis tarde do director de Le Mond Diplomatique, Ignacio Ramonet, que pronunciará a conferencia de clausura ‘ Globalización, medios de comunicación e Dereito’. No encontro participaron a profesora de Dereito Administrativo da USC Teresa Carballeira; o activista e profesor da Universidade venezolana dos Andes, Elías Capriles Arias; o profesor de Ciencias Políticas de Murcia Fernando Jiménez Sánchez; o catedrático da UNED Jesús Prieto de Pedro e o profesor da USC Quintín Álvarez Núñez. Todos eles discutiron en diversas xornadas acerca da crise ecolóxica, a xestión política e corrupción, diversidade cultural e visión sistémica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2011.