Ir o contido principal

A II Carreira Popular We Are Ready USC celebrarase o 11 de marzo

A II Carreira Popular We Are Ready USC celebrarase o 11 de marzo
A II Carreira Popular We Are Ready USC celebrarase o 11 de marzo

A USC colabora no desenvolvemento do circuíto solidario de running ‘We Are Ready’, composto por quince carreiras en distintas cidades de España, entre elas Santiago de Compostela. O obxectivo deste circuíto promovido por El Corte Inglés é concienciar sobre a importancia das institucións educativas españolas.

A II Carreira Popular We Are Ready Universidade de Santiago de Compostela celebrarase o próximo 11 de marzo. A cita comezará ás 11.00 horas e constará dun percorrido de 10 quilómetros con saída e chegada no Estadio de Atletismo universitario. Nesta proba, quen desexe participar poderán correr nas categorías de estudantado, PAS e PDI ou absoluta. A inscrición pode realizarse a través da plataforma do circuíto (https://www.weareready.es/santiago2018/) ata o 8 de marzo. A recollida de dorsais poderá realizarse os días 9 e 10 en El Corte Inglés de Santiago en horario de 15.00 a 21.00 horas e de 11.00 a 21.00 horas, respectivamente.

Ademais da proba, celebraranse os ‘100 metros solidarios pola educación’, abertos á participación de calquera persoa que desexe prestar o seu apoio. Neste caso, o custe da inscrición é gratuíto e pode realizarse unha doazón solidaria que se destinará de xeito íntegro a un proxecto deportivo da USC. A saída darase antes da Carreira Popular, evento que poderán seguirse e ser compartido a través das distintas redes sociais co cancelo #wearereadyUSC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2018.