Ir o contido principal

O II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías abre a inscrición ata o 31 de outubro

Cartel do certame
Cartel do certame
O certame celebrarase no marco da Semana da Ciencia que terá lugar entre o 11 e o 15 de novembro
Santiago de Compostela

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) abre ata o vindeiro 31 de outubro, a inscrición no II Concurso de Comunicación Científica, a primeira das súas actividades organizadas no marco da Semana da Ciencia que terá lugar entre o 11 e o 15 de novembro. O obxectivo deste concurso é promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos.

A participación no concurso está aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; en estudantes de doutoramento, máster e grao; en alumando de ESO e Bacharelato, profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física e nos profesionais da divulgación científica e xornalistas.

O certame atópase estruturado en tres categorías: monólogos científicos; experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles; e artigos de divulgación. As bases completas poden consultarse nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2019.