O II Concurso de Fotografía da Natureza xa ten gañadores

A exposición coas mellores obras participantes no II Concurso de Fotografía da Natureza impulsado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural inaugurouse este venres no propio museo. No acto inaugural, fíxose entrega dos galardóns aos premiados neste certame que se celebrou entre os meses de maio e xuño. O primeiro premio, dotado con 300€, recaeu en Javier Yarnoz Sánchez polo seu traballo titulado ‘Erosión’.
O segundo premio, de 200€, foi para José Luis Gigirey González, pola fotografía ‘El último vuelo’ ; e o terceiro, de 100€, para Inés Mato Naveira por ‘O fráxil segredo’. O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos que elixiron os traballos premiados por votación secreta.
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organizou o seu II Concurso de Fotografía da Natureza, aberto a fotógrafos afeccionados e profesionais sen límite de idade, no que se podía tomar parte con imaxes vinculadas acalquera tema relacionado coa natureza, tales como paisaxes, plantas, animais, rochas, minerais, ou organismos microscópicos, entre outros.
Fotografía de José Luis Gigirey González titulada ‘El último vuelo’ e gañadora do 2º Premio do certame Fotografía de Inés Mato Naveira titulada ‘O fráxil segredo’ e gañadora do 3º Premio do certame