Ir o contido principal

A II Xornada de presentación de Software Libre Científico desenvolverase o día 25 de abril en Matemáticas

A Facultade de Matemáticas acollerá o xoves 25 de abril a Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que busca compartir coñecementos e experiencias arredor dese software así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS.

A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da USC. A inscrición é de balde e de libre acceso.

Na sesión intervirán os especialistas da USC Rosa Crujeiras, Francisco Pena Brage, Juan Carlos Arroyo Condor e María José Ginzo Villamayor, así como Rafael Rodríguez Gayoso, de MeLiSA, e Miguel Ángel Rodríguez Muíños, da Consellaría de Sanidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2019.