Ir o contido principal

A importancia da inmunoloxía na sociedade será tratada nun curso de verán en Moaña

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

‘Inmunoloxía na sociedade’ é o título do curso de verán que se celebrará en Moaña entre o 7 e o 10 de xullo, co obxectivo de dar unha visión global da Inmunoloxía como ciencia e a súa importancia para as persoas e a sociedade, baixo a dirección de Óscar Cordero Santamaría.
Dada a amplitude do ámbito abarcado, o curso, de 32 horas, preséntase diferenciado en catro bloques temáticos, a tratar un por día, inmunoloxía nos servizos sanitarios, na industria biotecnolóxica, na investigación biomédica e noutras investigacións biolóxicas.
Con estas sesións tratarase de dar unha maior proxección social a este ámbito do saber que, pola súa novidade, ten pouca presenza informativa, a pesares do seu papel na revolución tecnolóxica e biomédica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2009.