Ir o contido principal

Imposición da Insignia de Ouro da USC a Luís M. Hervella Torrón

O reitor Juan Viaño imporá este xoves 8 a Insignia de Ouro da USC ao catedrático Luís María Hervella Torrón nun acto protocolario ás 13.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. No acto de imposición tamén intervirá a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón.

Luis M. Hervella Torrón é catedrático de Xeometría e Topoloxía e delegado do reitor para o ensino medio, así como coordinador do programa A Ponte da USC. A Insignia de Ouro da institución académica compostelá concédea o reitor a aquelas persoas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución. A imposición salienta o labor do profesor Hervella tanto na coordinación e desenvolvemento do programa A Ponte como en todas aquelas actividades que nas últimas décadas ten desenvolvido a USC con centros de ensino secundario de toda Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2018.