Ir o contido principal

Inauguración da Aula de Simulación Clínica Odontolóxica da USC

O reitor Juan Viaño inaugurará este xoves 2 de outubro a nova Aula de Simulación Clínica odontolóxica situada na primeira planta do edificio correspondente a Odontoloxía (r/ Entrerríos, s/n). O novo espazo docente dispón de 26 postos que permiten a realización de numerosos procedementos restauradores e protésicos que simulan situacións clínica real. O acto inaugural comezará ás 11.30 horas cunha visita das instalacións nas que o reitor estará acompañado polo decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía e integrantes do equipo de dirección deste centro. Cada un dos postos de traballo está composto por un boneco de simulación (cabeza e torso), equipamento para turbina e contraángulo, sistemas de aspiración centralizada e de luces, así como unha mesa de traballo. Ademais, o conxunto complétase cunha sistema audiovisual que facilitará a apredizaxe práctica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2014.