Inauguración da exposición ‘Pegadas para a Terra’, de Chon Bermúdez, na carballeira anexa á Biblioteca Intercentros de Lugo
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; o director do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza da Universidade de Santiago, Uxío Otero Urtaza; a deputada provincial responsable da área de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, Francisco Rodríguez Lestegás, inaugurarán este mércores 5, ás 12.00 horas, na carballeira situada entre a Biblioteca Intercentros e a Facultade de Humanidades de Lugo, a exposición ‘Pegadas para a Terra’, de Chon Bermúdez. Esta mostra, incluída dentro do abano de actividades desenvolvidas no máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (Daen) que se imparte na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, consta de 18 paneis e responde a unha iniciativa a través da que alumnado e docentes do máster Daen conmemoran o Día Mundial do Medio Ambiente, unha efeméride establecida pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas e que desde 1973 se celebra o día 5 de xuño. ‘Pegadas para a Terra’, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 20 de xuño na carballeira anexa á Biblioteca Intercentros do campus de Lugo, representa algunhas correntes e diversos personaxes que, coa súa actitude, iniciaron e desenvolveron un movemento ético político a favor da natureza. Os promotores desta exposición buscan, ademais de transmitir información, sensibilizar cara o medio natural mediante valores como o respecto, a protección, a conservación e, no seu caso, a conservación de contornos deteriorados.
Estruturada en dezaoito paneis: portada, presentación, introdución, movementos, personaxes e contraportada, a mostra de Chon Bermúdez ‘ Pegadas para a Terra’, recala no campus lugués co desexo de chegar a toda a cidadanía e instala a que participe deixando a súa pegada na tarefa humana de construír un mundo mellor.