Ir o contido principal

Inauguración da XXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia

este ano na XXIV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia. A inauguración desta convocatoria terá lugar o martes 5 ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). A esta inauguración asisten o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da USC, Francisco Ramón Durán Villa; o membro da xunta directiva da Real Academia Galega, Manuel González González; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a directora do Instituto da Lingua Galega da USC, Rosario Álvarez Blanco; e o director dos cursos, Francisco Fernández Rei. Ao longo dos seus anos de existencia, polas aulas deste cursos pasaron xa máis de 2.300 alumnos e alumnas de moi diversos países de todo o mundo. Nesta ocasión proceden de Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Croacia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, India, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Suecia, Taiwan e Ucraína. Os cursos organízaos a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2011.