Ir o contido principal

Inaugúrase en Campus Vida unha unidade de investigación mixta USC-ESTEVE para descubrir novos medicamentos

Trátase dunha das primeiras experiencias destas características nos campus españois para traballar en I+D farmacéutica

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, xunto coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o director xeral de I+D, Ricardo Capilla; o presidente do laboratorio ESTEVE, Antoni Esteve; e a coordinadora do Grupo BioFarma, a catedrática de USC Mabel Loza, inaugurarán este martes 4 en Santiago unha unidade mixta de investigación farmacéutica. O acto será ás 12.00 horas no Edificio Emprendia do Campus Vida. A nova unidade ESTEVE-USC, que incorpora por primeira vez en Galicia un sistema de colaboración público-privada baseado no modelo actual de innovación aberta para o descubrimento de fármacos, dedicarase ao desenvolvemento e implementación de métodos robotizados de determinación da actividade farmacolóxica in Vitro de compostos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2011.