Ir o contido principal

Inaugúrase na Escola de Enfermería de Lugo un curso de especialización en Xeriatría

A Escola Universitaria de Enfermería do Campus de Lugo inaugura este venres 14 o curso de especialización en ‘Xeriatría, promoción da autonomía persoal e dependencia’. O acto comezará ás 17:00 horas no salón de Graos do centro.
O curso ten como obxectivo afondar na calidade dos servizos para as persoas maiores. Os contidos centraranse na planificación, coordinación administración, xestión, dirección e execución integral dos servizos, especialmente en situación de dependencia.
O programa conta cunha parte práctica e outra teórica para licenciados e diplomados, cun total de 250 horas, das cales 150 horas son teóricas e 100 prácticas, co fin de proporcionar formación interdisciplinar das diferentes áreas destes servicios biosocosociais, que permitan ós profesionais a adecuada intervención segundo a especialidade e o ámbito de actuación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2008.