Inaugúrase en Fonseca a exposición ‘A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979’

As fotografías que Anna Turbau realizou en Galicia entre 1975 e 1979 compoñen a exposición ‘A intimidade da imaxe’ que organiza o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade de Santiago. A inauguración da mostra terá lugar este xoves 19 ás 20.00 horas nun acto ao que asiste a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez.
Nas fotografías da exposición, que permanecerá aberta ata o 10 de decembro comisariada pola profesora Margarita Ledo, a fotógrafa catalá exhibe unha Galicia inédita durante os anos da transición. O horario de visitas será de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.