Inaugúrase na Igrexa da Universidade a exposición ‘O unicornio e o seu mundo’

O artista plástico Nicolás González Aller inaugura este xoves 20 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade a exposición de pintura ‘O unicornio e o seu mundo’. Comisariada por Miguel Santalices Vieira, a mostra ofrecerá ás persoas que a visiten a oportunidade de viaxar aos mundos fantásticos e de ensoñación que interpreta o pintor lalinense na procura do unicornio. A exposición, de entrada libre, permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro en horario de 17.00 a 20.30 horas de luns a venres.