Inaugúrase en Lugo o Máster en Xestión sustentable da terra e do territorio
O Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio celebra este venres 23 na Escola Politécnica Superior de Lugo o seu acto de apertura, que presidirá o reitor Juan Casares Long e no que o catedrático de Medio Ambiente e Ordenación Territorial da Universidade Politécnica de Madrid, Domingo Gómez Orea, impartirá a conferencia inaugural. Asisten á cerimonia -que terá lugar ás 17.00 horas no salón de actos- o director da EPS, Javier Bueno Lema; a directora do IBADER, Elvira López Mosquera;e o coordinador do Máster, Rafael Crecente Maseda.