Inaugúrase este mércores en Lugo o XXI Congreso de Enxeñaría Gráfica
O vixésimo primeiro Congreso Internacional Conxunto de Enxeñaría Gráfica de INGEGRAF e de ADM, que reunirá en Lugo a 183 profesionais ata o 12 de xuño, inaugúrase este mércores 10, ás 12:00 horas na Escola Politécnica Superior. Este foro de encontro para profesionais, que ofrecerá 90 conferencias, ten como principal obxectivo converterse nun foro de encontros entre profesionais que propicie o intercambio de experiencias científicas e profesionais no ámbito da Enxeñería Gráfica e das áreas de coñecemento relacionadas co deseño.
Durante o evento trataranse diversas liñas de traballo, tales como a simulación e a realidade virtual, a topografía, o procesamento dixital da imaxe ou cartografía, entre outras, destacando sempre a importancia da implantación das novas tecnoloxías en cada unha das disciplinas, como un soporte fundamental para a comunicación e o deseño.
Ademais, exporanse novos retos relacionados coa docencia en liña, dos congresos virtuais ou a normalización de plataformas de CAD en función do intercambio de información gráfica dixital. A USC elixiu o Campus de Lugo para a realización deste congreso, co fin de desenvolver un programa de visitas culturais paralelo á programación oficial, que permita aos congresistas coñecer a Galicia interior.