Ir o contido principal

Inaugúrase na USC unha exposición coa colección de arte contemporánea da empresa de artes gráficas compostelá LITONOR

A Igrexa da Universidade acollerá dende este mércores e ata o 25 de outubro a exposición LITONOR_ARTE : EDICIÓN, unha escolma da colección de arte contemporánea da empresa de artes gráficas compostelá. A inauguración terá lugar este mércores ás 20.00 horas e contará coa presenza do reitor Juan Casares; do alcalde da cidade, Gerar Conde Roa; e da comisaria Mercedes Rozas. O visitante poderá descubrir na mostra a labor coleccionista dos cinco socios da empresa compostelá que dalgún xeito mostraban así o seu apoio aos artistas, moitos deles galegos e noveles pero outros figuras xa plenamente consolidadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.09.2011.