Ir o contido principal

Inaugúrase este xoves en Dereito a sétima edición do curso 'Integración europea. Institucións e dereito da Unión Europea'

O VII curso ‘Integración europea. Institucións e dereito da Unión Europea’ que, enmarcado nas accións Jean Monnet da Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC, fai un balance dos 50 anos de integración europea inaugurarase este xoves, 1 de marzo, ás 17:00 horas na aula 7 da Facultade de Dereito.
Dirixido polos profesores Jorge Pueyo Losa e M.ª Teresa Ponte Iglesias, catedráticos de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC, o curso contará coa participación de destacados docentes e expertos de Universidades españolas e latinoamericanas, funcionarios da Administración autonómica e outros profesionais relevantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2007.