Ir o contido principal

Inaugúrase na Zona "C" a exposición de Rita Rodríguez 'Stand by me', comisariada pola alumna da USC Ana Justo

A artista Rita Rodríguez expón a partir deste mércores na Zona “C” de Santiago a súa mostra ‘Stand by me’, que comisariou a alumna do Máster de Arte, Crítica e Museoloxía Contemporáneas da USC Ana Justo Rajó.
Será esta a primeira exposición comisariada pola alumna que gañou o concurso convocado polo Máster e o Auditorio para a realización dun proxecto expositivo para a Zona "C", permitíndolle así levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
A inauguración da exposición será ás 19:00 horas e a ela acudirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; os directores do Master María Luisa Sobrino Manzanares e Federico López Silvestre; a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; e o director do Auditorio de Galicia, Xosé Paulo Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2008.