Ir o contido principal

A influencia mutua e a relación entre emigración, patrimonio cultural e restauración, a debate no Campus de Verán de Ribadeo

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

A influencia mutua e a relación entre emigración, patrimonio cultural e restauración é o eixo sobre o que se vai vertebrar o programa do curso ‘A torre dos Moreno e a arte do seu tempo’, título co que comezará o Campus de Verán de Ribadeo. Dirixido por José M. López Vázquez e Juan Monterroso, o curso celebrarase do 20 ao 22 de xullo no Cine-Teatro de Ribadeo co financiamento do Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo. O programa deseñado ofrece unha serie de relatorios que servirán como punto de partida para a análise da impronta da emigración na sociedade galega nos dous últimos séculos, abranguendo a arquitectura, con especial atención a Torre dos Moreno e á arquitectura de indianos en Galicia e na costa lucense. Ademais o curso mergullará noutras facetas culturais influenciadas polos movementos migratorios, como a música da época, a catalogación de ben de interese cultural ou o contexto socio-político dos Moreno. Está prevista a participación en calidade de relatores de investigadores e docentes da USC, de ensino secundario, representantes da administración provincial así como profesionais da arquitectura. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran28_11.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2011.