Ir o contido principal

O Informe GEM Galicia 2017 preséntase este xoves na USC

O estudo, desenvolvido por un equipo da USC, é froito dun convenio de colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE)

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle este xoves 13 o acto de presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2017 no marco dunha xornada na que se reflexionará sobre o estado actual do emprendemento na comunidade. O estudo foi realizado por un equipo de investigadores da USC froito dun convenio de colaboración co Instituto Galega de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE).

A xornada, na que é necesaria inscrición, comezará ás 10.00 horas no salón de graos cunha sesión inaugural que contará coa presenza do vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzurri; o director do IGAPE, Juan Cividanes; o presidente de FEGAXE, José Antonio Redondo, e a directora do equipo GEM Galicia, Loreto Fernández. A continuación, a profesora Isabel Neira, directora técnica do equipo en Galicia, presentará as principais conclusión do Informe e dará paso a unha mesa redonda sobre o impacto do emprendemento na economía circular.

GEM: analizando o emprendemento en Galicia O Global Entrepreneuship Monitor (GEM) é un observatorio internacional cuxo obxectivo é analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico. Ao proxecto liderado en España polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) sumouse Galicia en 2005 cun equipo configurado por investigadores da USC, o IGAPE e FEGAXE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2018.