Ir o contido principal

Iniciativa a prol da compostaxe no campus de Lugo coa posta en marcha de dous composteiros e unha sesión informativa

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A técnico de Adega María Lafuente falará este mércores, ás 17.00 horas, na sala de xuntas da EPS, sobre o uso de composteiros e os principios da compostaxe

A USC porá en marcha este mércores unha iniciativa a prol da compostaxe no campus de Lugo coa apertura de dous composteiros nas inmediacións do edificio Cactus e coa celebración dunha sesión informativa, a partir das 17.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior, onde a técnico de Adega María Lafuente falará sobre o uso de composteiros e os principios da compostaxe.

Esta acción, incluída no programa de actividades do Plan de Desenvolvemento Sostible, promovido pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, responde a unha iniciativa da Escola Politécnica Superior e da Facultade de Veterinaria. O seu obxectivo é mobilizar refugallos xerados nas facultades, domésticos e das cafeterías universitarias para xerar compost que posteriormente pode ser empregado para enriquecer o solo da finca de prácticas da EPS e dos hortos do IBADER. A posta en marcha dos composteiros instalados no campus de Lugo, que foron cedidos pola Deputación Provincial de Lugo, contará coa participación de profesores e alumnos da USC, así como de técnicos de Adega, que guiarán un obradoiro de compostaxe, ao tempo que se agarda tamén a presenza de representantes políticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2015.