Ir o contido principal

A inscrición no curso de innovación ‘Akademia You Project’ pode formalizarse ata o 17 de outubro

Alumnado de grao e de posgrao son o público ao que vai dirixido a novena edición do curso de innovación ‘Akademia You Project’, iniciativa formativa da Fundación Innovación Bankinter en colaboración coa USC e Uninova. A súa finalidade é familiarizar ás persoas que se inscriban coas tendencias de innovación que xerarán valor no futuro inmediato.

Dende 2008, máis de mil estudantes de toda España participaron neste programa que se apoia na utilización dun material e metodoloxía innovadores mesturando sesións presenciais con persoal expertos xunto con encontros con emprendedores/as. As persoas que o cursen traballarán igualmente no desenvolvemento dun proxecto sobre unha idea innovadora cun equipo de traballo multidisciplinario. Ata o momento, o 96% das persoas que xa teñen realizado este curso recomendan a súa realización.

O prazo de inscrición rematará o 17 de outubro. As persoas interesadas poden dirixirse á incubadora de empresas Uninova no teléfono 881 815 596 ou no correo electrónico rosamaria.sanchez [at] usc.es (rosamaria[dot]sanchez[at]usc[dot]es). As inscricións poden realizarse a través da web do curso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2017.