Ir o contido principal

A inscrición no programa de formación da Aula de Teatro da USC poderá formalizarse a partir do vindeiro luns

A inscrición no programa de formación da Aula de Teatro da USC poderá formalizarse a partir do vindeiro luns
A inscrición no programa de formación da Aula de Teatro da USC poderá formalizarse a partir do vindeiro luns

A inscrición no programa de formación teatral da Aula de Teatro da Universidade de Santiago poderá formalizarse a partir do vindeiro luns 16. As distintas iniciativas formativas agrúpanse en dous bloques dedicados a completar as habilidades e destrezas das persoas que se apunten no ámbito da Dirección e no da Interpretación, en ambos os dous casos co recoñecemento de cinco créditos ECTS. O primeiro bloque temático desenvolverase á súa vez en tres módulos nos que se prestará atención a ‘Dramaturxia e dirección’ cun carga lectiva de 50 horas, Prácticas de Dirección (50 horas) e un terceiro a modo de monográfico de creación teatral (de 8 horas) e outro de iluminación (de 28 horas) no que se integra a Compañía residente. Estes tres módulos estenderanse entre setembro e decembro, ao longo de marzo e entre febreiro e marzo, respectivamente. Nos mesmos meses, celebraranse tamén os tres módulos agrupados no bloque dedicado a Interpretación. No primeiro módulo ofertarase formación específica en Interpretación (20 horas), control do corpo (18 horas) e da voz (12 horas) e iluminación (4 horas). No segundo increméntase o traballo arredor da interpretación (42 horas) e sobre o corpo e a voz (6 horas máis para cada tema), para rematar cun monográfico de interpretación (28 horas) que se desenvolverá no marco da Compañía en residencia. Probas de acceso á compañía de teatro Tamén a vindeira semana, a Compañía de Teatro da USC realizará as probas de selección de actores e actrices para a que será a súa próxima produción teatral Apnea (Variación 2ª). As persoas interesadas en formar parte da Compañía de Teatro poderán acudir ás probas convocadas para os días 17, 18 ou 19 a partir das 18.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.09.2013.