O Instituto de Materiais da USC abre as súas portas ao público o 11 de febreiro
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Instituto de Materiais da USC (iMATUS) organiza o 11 de febreiro unha sesión de portas abertas na que se presentarán algúns experimentos sinxelos relacionados coas liñas nas que está a traballar o seu persoal investigador.
Abertas a todo o público, haberá tres sesións dunha duración aproximada de 1 hora -ás 16.00, 17.00 e 18.00 horas- para as que é preciso solicitar cita previa no correo imatus.info [at] usc.es (imatus[dot]info[at]usc[dot]es) (antes do día 10 de febreiro ás 14.00 horas) indicando nomes e preferencia horaria, de habela. A asignación de prazas farase por estrito orde de solicitude.