Ir o contido principal

Os institutos de investigación sanitaria e biomédica de Galicia celebran en Santiago a xornada Biointegrasaúde 2016

De esquerda a dereita, Luis Verde, Jesús Vázquez, Juan Viaño, Juan Gestal e Sonia Martínez
De esquerda a dereita, Luis Verde, Jesús Vázquez, Juan Viaño, Juan Gestal e Sonia Martínez

O reitor Juan Viaño participou este xoves na inauguración de ‘Biointegrasaúde 2016’, unha actividade conxuntas dos institutos de investigación sanitaria e biomédica de Santiago, Vigo e a Coruña que se celebra na Aula Magna José Varela de Montes do Pavillón Docente Nóvoa Santos. A sesión inaugural contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, así como do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; do xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde Remeseiro; e dos directores do IDIS, José Castillo; do IBI, José Ramón Fernández Lorenzo; e do INIBIC, Francisco Blanco García.

O director científico do Instituto de Investigación Sanitaria IdiPAZ, Eduardo López Collazo, pronunciou a conferencia inaugural co relatorio ‘Os instituto de investigación sanitaria: investigar máis alá dun ensaio clínico’, a quen seguiu unha serie de presentacións de comunicacións baseadas en resultados de investigación.

Pola súa banda, o director do CiQUS, o catedrático de Química Orgánica da USC José Luis Mascareñas, pronunciou a conferencia plenaria do encontro falando sobre as ferramentas sintéticas en química biolóxica para o recoñecemento e detección de ácidos nucleicos. A xornada complétase pola tarde coa visita do comité de avaliación á sesión de defensa de pósteres e a presentación de comunicacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2016.