Ir o contido principal

Os institutos de investigación sanitaria e biomédica de Galicia celebran en Santiago a xornada Biointegrasaúde 2016

O reitor participará na sesión inaugural

O reitor Juan Viaño participará este xoves 12 na Inauguración da xornada ‘Biointegrasaúde 2016’, unha actividade conxuntas dos institutos de investigación sanitaria e biomédica de Santiago, Vigo e a Coruña que se celebrará na Aula Magna José Varela de Montes do Pavillon Docente Nóvoa Santos. Se ben a sesión inaugural se celebrará ás 14.15 coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a xornada comezará ás 9.30 horas cunha sesión de presentación a cargo do xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde Remeseiro, na que tamén intervirán os directores do IDIS, José Castillo; do IBI, José Ramón Fernández Lorenzo; e do INIBIC, Francisco Blanco García.

O director científicos do Instituto de Investigación Sanitaria IdiPAZ, Eduardo López Collazo, pronunciará a conferencia inaugural co relatorio ‘Os instituto de investigación sanitaria: investigar máis alá dun ensaio clínico’, a quen seguirán unha serie de presentacións de comunicacións baseadas en resultados de investigación.

O director do CiQUS, o catedrático de Química Orgánica da USC José Luis Mascareñas, pronunciará a conferencia plenaria do encontro falando sobre as ferramentas sintéticas en química bióloxica para o recoñecemento e detección de ácidos nucleicos. A xornada completarase pola tarde coa visita do comité de avaliación á sesión de defensa de pósteres e a presentación de comunicacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2016.