A integración da muller nas organizacións de seguridade, a análise no Seminario CESEDEN
A profesora Ana Aba Catoira participa este xoves, día 8, nunha nova sesión do Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa USC-CESEDEN coa conferencia ‘A integración da muller nas organizacións de seguridade’. A charla será ás 20:00 horas na aula 3 da Facultade de Dereito.
Na súa intervención falará dunha cuestión de gran relevancia na actualidade para diferentes entidades públicas e privadas, que se esforzan cada día máis por tentar superar a discriminación das mulleres neste ámbito.