Ir o contido principal

Integrantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC converteranse por unhas horas en cociñeiros no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Un grupo de membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitarán este venres 23 ás 17:30 horas as instalacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia onde se converterán por unhas horas en auténticos cociñeiros.
Durante a xornada gastronómica, dunha duración de tres horas, elaboraranse catro pratos diferentes que os propios asistentes realizarán nas aulas de cociña para posteriormente celebrar unha degustación no restaurante do complexo baixo a supervisión do director da área de cociña do CSHG.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2007.