Ir o contido principal

A Intercentros de Lugo sumouse este mércores á homenaxe a Celso Emilio Ferreiro coa lectura pública do poema ‘Deitado fronte ao mar’

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo sumouse este mércores 12 á iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro de maneira que ás 12.00 horas, e en simultáneo con máis de 200 centros de ensino de toda Galicia, se deu lectura ao poema 'Deitado fronte ao mar'.. Trátase dunha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que “transmite a palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia”.

Ademais da lectura do poema está previsto un envío masivo a través das redes sociais do lema #recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema "Deitado fronte ao mar". Na acción xa confirmaron previamente a súa participación máis de 30.000 voces de máis de 200 centros de ensino.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2012.