Ir o contido principal

Interese en Arabia Saudita polos títulos da Universidade de Santiago

O vicerreitor conversando con persoas interesadas no stand da USC en Riad
O vicerreitor conversando con persoas interesadas no stand da USC en Riad
A USC participa en Riad na Feira Internacional de Educación Superior IECHE 2013

O vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización da USC, Víctor Millet, asiste estes días á International Exhibition and Conference on Higher Education (IECHE 2013) en Riad, a capital de Arabia Saudita, onde a universidade compostelá ten un stand informativo propio. A de Santiago de Compostela é a única universidade española activa nos países do Golfo, con convenio en preparación coas universidades punteiras da zona (King Saud University, Qatar University, King Abdulaziz University for Science and Technology, Princess Noura University). Froito deste traballo previo, a asistencia ao stand da USC está a ser masivo, con grande interese sobre todo polas titulacións técnicas e médicas. Os programas de bolsas de Arabia prevén todos un ano previo de estudo de español.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2013.