Ir o contido principal

Intervención especial este luns da Aula de Teatro da USC en Lugo

Como exercicio de finalización de curso, os alumnos e alumnas do taller de iniciación ao teatro dirixidos por Alberte Cabarcos porán en escena esta tarde, ás 20.00 horas fronte ao Círculo das Artes, un pequeno fragmento dun texto do autor contemporáneo Rodrigo García. Así mesmo, os participantes no taller de arte dramática que dirixe Paloma Lugilde presentarán un exercicio teatral de aproximación á obra de Sarah Kane, que leva por título ‘A botella de leite’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2011.