Ir o contido principal

Unha investigación aborda o impacto da obra de Leibniz nos traballos do matemático alemán Georg Cantor

Luís Pousa xunto aos directores da súa tese e ao tribunal cualificador
Luís Pousa xunto aos directores da súa tese e ao tribunal cualificador
A tese de doutoramento do matemático, xornalista e escritor Luís Pousa Rodríguez descubre a través do estudo que de Leibniz realiza Ortega y Gasset algunhas das claves da súa pegada na obra de Cantor
Santiago de Compostela

O matemático, xornalista e escritor Luís Pousa Rodríguez aborda na súa tese de doutoramento o impacto da obra de Gottfried W. Leibniz nos traballos do matemático alemán, de orixe rusa, Georg Cantor. A investigación está dirixida pola vicerreitora de Titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, e Josep Pla, profesor  emérito da Universidade de Barcelona. 

“A través do estudo que de Leibniz fai o filósofo español José Ortega y Gasset descubrimos algunhas das claves da súa obra e a súa pegada nos traballos de Cantor”, sinala Pousa Rodríguez. Cantor, que a finais do século  XIX define por primeira vez o infinito como un obxecto matemático completamente determinado e construído de forma rigorosa, vese obrigado a defender o seu achado nos terreos das matemáticas e a filosofía, para o que recorre a pensamentos crave na bibliografía de  Leibniz, fundador da modernidade en ciencia e filosofía xunto a  René Descartes, explica o autor.

“Cantor válese de dous puntos fundamentais dos traballos de  Leibniz, como a ruptura co legado  sensualista de Aristóteles e co dogma da  incomunicabilidad dos xéneros, o que lle permitirá profundar nun pensamento abstracto e enfocado á xeneralización fronte ao  constructivismo matemático dominante na súa época”, conclúe.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2019.