Ir o contido principal

Unha investigación sobre a influencia do xestor de redes sociais no comportamento do consumidor, accésit nos Premios Académicos AECOC

Mª Concepción Varela e Juan Carlos Capolugo, no centro da imaxe, recolleron os galardóns
Mª Concepción Varela e Juan Carlos Capolugo, no centro da imaxe, recolleron os galardóns
A Asociación de Empresas do Gran Consumo entregou os seus galardóns que este ano reuniu máis de 100 candidaturas
Santiago de Compostela

O alumno Juan Carlos Capolugo, estudante do mestrado en Dirección de Empresas da USC, e a súa titora, Mª Concepción Varela Neira, profesora de Comercialización e Investigación de Mercados da USC, acaban de recibir, no marco dos Premios Académicos AECOC pola Competitividade Empresarial, o accésit na categoría de Marketing que concede a Asociación de Empresas do Gran Consumo polo traballo fin de grao ‘A influencia do xestor de redes sociais no comportamento do consumidor’. 

Os Premios Académicos de AECOC 2022 teñen unha dotación económica de 3.000 euros para a persoa autora e 1.000 para o titor/a dos traballos gañadores, así como 1.000 euros para os autores recoñecidos con accésit en cada unha das categorías. Os galardóns recoñeceron os mellores traballos de fin de grao e mestrado de estudantes universitarios de todo o Estado. A convocatoria deste ano reuniu máis de 100 candidaturas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2023.