Ir o contido principal

As investigacións do profesor Javier Garbayo sobre o arquivo da Catedral de Ourense propician un ciclo de concertos na cidade

As investigacións do profesor da Historia da Música da USC Javier Garbayo sobre o arquivo da Catedral de Ourense deron na celebración do ciclo de concertos ‘Mestres de Capela na Catedral de Ourense’ que terá lugar a partir deste mércores, día 27, na Catedral da cidade das Burgas, no Santuario das Ermitas (O Bolo) e no templo parroquial do mosteiro de San Salvador de Celanova.
Grazas ás achegas do profesor Garbayo, no ciclo preséntase unha escolma senlleira da musica catedralicia ourensá composta por algúns dos Mestres de Capela máis representativos dos séculos XVIII e XIX.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2007.