Ir o contido principal

O investigador Carlos Meniño Cotón intervén este xoves no Seminario Vidal Abascal

O investigador da USC Carlos Meniño Cotón pronunciará este xoves 27 unha nova conferencia do seminario Vidal Abascal que organiza o Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC. A conferencia, que dará comezo ás 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas, leva por título ‘A conxetura de Seifert e outros problemas de fluxos sobre a 3-esfera’.
O propósito da charla é dar unha visión detallada da orixe da conxectura enunciada por H. Seifert en 1950 e dos contra-exemplos construidos por P. A. Schweitzer en 1974, K. Kuperberg en 1993 e G. Kuperberg en 1996. Carlos Meniño tratará tamén outros problemas abertos relacionados coa existencia de fluxos minimais sobre as esferas de homoloxía tridimensionais.
Carlos Meniño Cotón é bolseiro FPU no Departamento de Xeometría e Topoloxía e actualmente traballa no estudo xeométrico dos espazos foliados baixo a dirección do catedrático Jesús A. Álvarez López.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2008.