Ir o contido principal

O investigador Carlos Salgado convidado a participar nas actividades conmemorativas do centenario do descubrimento do núcleo atómico

Impartirá unhas das conferencias promovidas pola Universidade de Manchester

O investigador da USC Carlos Salgado é un dos conferenciantes convidados pola Universidade de Manchester a participar nas actividades conmemorativas do centenario do descubrimento do núcleo atómico por Ernest Rutherford. A Universidade británica organizará ao longo do mes de agosto varios actos que inclúen conferencias de investigadores destacados relacionados co eido de Rutherford, entre elas a de Salgado. Nesas mesmas datas, Carlos Salgado impartirá as conferencias plenarias do Congreso da European Physical Society, a celebrar tamén no mes de agosto en Grenoble, e no de Partículas e Núcleos no Massachusetts Institute of Technology (MIT) de Boston.

Logo de defender a súa tese de doutoramento na USC, Carlos Salgado completou a súa formación co desenvolvemento de diversas estadías na Universidade de París Sur e no CERN, onde traballou por un período de oito anos. Na actualidade é contratado Ramón y Cajal na Facultade de Física.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2011.