Un investigador do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, nas charlas de xenética médica
O investigador Luís Lombardía, da Unidade de Xenómica do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, ofrece este venres, día 26, unha charla no ciclo de xenética médica que organiza o Grupo de Medicina Xenómica da USC.
A intervención de Lombardía, que terá lugar ás 13:00 horas na Aula 2 do CHUS, leva por título ‘Loxística para a análise de datos a nivel xenómico: aplicación ao estudo de expresión de microRNAs a grande escala’.