Ir o contido principal

Un investigador estadounidense falará este venres na USC dos incendios forestais intencionados

Jeffrey Prestemon colabora desde hai anos cun grupo da USC que investiga os incendios en Galicia

O experto do Departamento estadounidense do Servizo Forestal de Agricultura, Jeffrey Prestemon, visita estes días a Universidade de Santiago para reunirse con investigadores da Área de Economía Cuantitativa que estudan os incendios forestais en Galicia e cos que colabora desde hai anos, entre eles a profesora da USC Marisa Chas.
No marco destas investigacións, o venres 20, ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, pronunciará a conferencia ‘Predición de incendios forestais intencionados: estudo de series temporais para Galicia e Michigan, USA’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2009.