Un investigador da USC convértese no membro máis novo da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia
Xesús Feás, investigador Parga Pondal da USC, converteuse recentemente no membro máis novo da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. No acto de ingreso, Feás deu lectura ao discurso 'Apicultura: unha actividade necesaria para a vida na terra', que foi contestado por Patrocinio Morrondo, catedrática na Facultade de Veterinaria da USC. O novo académico, de 34 anos, traballa actualmente no departamento de Química Orgánica da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, onde desenvolve o seu labor de investigación no ámbito dos materiais poliméricos con recoñecemento molecular artificial. Feás, licenciado en Veterinaria e Tecnoloxía dos Alimentos, realizou estadías investigadoras en Madrid, Arxentina, Francia e Suecia, antes da súa reincorporación á USC.