Ir o contido principal

A investigadora da Facultade de Filosofía Arantxa Serantes presenta un libro sobre a formulación filosófica de Ilkka Niiniluoto

A investigadora da Facultade de Filosofía Arantxa Serantes presentará este mércores 25 o seu libro Objetividad, conocimiento y valores en la Ciencia. Análisis del planteamiento filosófico de Ilkka Niiniluoto. A presentación comezará ás 20.00 horas na Fundación Eugenio Granell coa participación ademais da autora, de Marcus Fernández de Código Cero e de Ángeles Montecelo, da editorial Meubook. A obra realiza unha análise da formulación filosófica de Ilkka Niiniluoto en referencia aos conceptos de obxectividade, coñecemento e valores. Trátase dun filósofo e matemático finés que constitúe unha importante achega á filosofía da ciencia, en particular ao tema da aproximación da verosimilitude ou a verdade. Nesta obra, Arantxa Serantes contou coa colaboración de David Pintor, autor da ilustración da portada, e do catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidade Pontificia de Salamanca, Ildefonso Murillo, responsable do prólogo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2012.