Ir o contido principal

A investigadora da USC Silvia Vilariño reflexiona sobre a simetría e as leis de conservación nunha nova sesión do Seminario Vidal Abascal

A investigadora da USC Silvia Vilariño Fernández disertará na Facultade de Matemáticas sobre ‘Simetría e leis de conservación’ nunha nova sesión do Seminario ‘Vidal Abascal’ que se vai celebrar este xoves, día 22, a partir das 16:30 horas na Aula 7 do centro compostelán.
O obxectivo desta conferencia é describir certas simetrías e leis de conservación asociadas ás ecuacións de Euler-Lagrange, fundamentais na Teoría Clásica de Campos.
Silvia Vilariño é unha nova investigadora en formación que traballa sobre a relacións entre a Xeometría e a Teoría Clásica de Campos en colaboración co profesor Modesto Salgado do Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC e cos profesores Miguel Núñez-Lecanda e Narciso Román-Roy do Departamento de Matemática Aplicada IV da Universidade Politécnica da Cataluña. A memoria do Diploma de Estudos Avanzados de Silvia Vilariño foi publicada pola prestixiosa revista Journal os Mathematical Physics.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2007.