Ir o contido principal

Investigadores do Campus Terra analizan nunha cata de bebidas lácteas ao cacao o seu grao de aceptabilidade

Detalle do cartel da actividade
Detalle do cartel da actividade
As sesións desenvolveranse os días 21 e 22 de setembro na sede luguesa de TasteLab. As persoas interesadas poden inscribirse de balde a través do teléfono 605 520 751
Lugo

Investigadores do mestrado en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias no Campus Terra da USC promoven unha cata aberta de bebidas lácteas ao cacao co obxecto de analizar o seu grao de aceptabilidade por parte do público e, se é o caso, mellorar a súa aceptación.

A iniciativa, impulsada no marco do traballo de fin de mestrado (TFM) que está a desenvolver a investigadora olívica Eva Covelo, desenvolverase os días 21 e 22 de setembro nas  instalacións da sede luguesa de TasteLab, sitas no número 2 da Rúa Vázquez Seijas da capital luguesa. As persoas interesadas en tomar parte nestas sesións de cata, cuxa duración será de 30 minutos, poden formalizar a súa inscrición de balde a través do número de teléfono 605 520 751.

O obxecto último desta investigación, baseada nun método no que se conxuga a análise sensorial coa estatística non é o outro que o de coñecer as preferencias dos consumidores en aras ao posible desenvolvemento futuro de novos alimentos elabadorados a partir de leite e cacao.

Cartaz da convocatoria da cata de bebidas lácteas ao cacao
Cartaz da convocatoria da cata de bebidas lácteas ao cacao
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2022.