Ir o contido principal

Investigadores da USC deseñan xunto con técnicos de Ence un proxecto para a redución de olores da fábrica de Pontevedra

Durante todo o pasado ano, investigadores da USC e técnicos da empresa forestal Ence traballaron no deseño do Proxecto de Redución de Olores da fábrica que a empresa ten en Lourizán (Pontevedra). Se ben o impacto oloroso da planta de produción de pasta de papel e enerxía con biomasa se reduciu considerablemente nos últimos anos, Ence marcouse o obxectivo de eliminalo por completo, para o que iniciou un plan de inversións que tomará como referencia os traballos dos investigadores da USC. Deste xeito, os investigadores coordinados polo profesor ad honorem da USC Manuel Bao traballaron conxuntamente con técnicos de Ence no estudo dos distintos focos de xeración de olor da fábrica de Pontevedra. Realizada a diagnose inicial, deseñáronse unha serie de solucións orientadas a redución de olores en cada un destes puntos da factoría. Neste senso a incorporación de novas tecnoloxías de captación e queimado de gases permitiu ao sector da pasta de papel nos últimos anos reducir o seu impacto oloroso. O olor tradicionalmente asociado ás fábricas de pasta de papel no mundo enteiro procede da cocción da madeira. Algúns vexetais, sometidos a procesos de cocción, liberan gases cuxo olor é especialmente perceptible polo olfacto humano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2011.